Mostrando entradas con la etiqueta día da paz e da non violencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día da paz e da non violencia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de febrero de 2019

CARREIRA SOLIDARIA

Por fin despois duns días de chuvia que non nos permitiron realizar a carreira, o martes 5 de febreiro tivo lugar a I Carreira Solidaria do CEIP Seixo.
Todo o alumnado do cole participou, así coma as mestras , mestres, pais e nais que quixeron acompañarnos. Foi unha experiencia moi bonita e algo "cansada" pero cunha boa recompensa. Esperamos que sexa aínda mellor o próximo ano.




Tedes aquí unha serie de videos e enlaces co blog "As pegadas de Arnaldo" para que recordedes este día. Pincha nas imaxes.


I CARREIRA SOLIDARIA "CORRE CON ARNALDO"




 http://aspegadasdearnaldo.blogspot.com/2019/02/i-carreira-solidaria-corre-con-arnaldo.html


















A PRENSA DA COMARCA REFLEXA A NOSA CELEBRACIÓN


http://aspegadasdearnaldo.blogspot.com/2019/02/a-prensa-da-comarca-reflexa-nosa.html 

O VIDEO COMPLETO DA CARREIRA

sábado, 26 de enero de 2019

30 de xaneiro, dia da PAZ e da NON VIOLENCIA

 Todos os días debemos traballar para vivir nunha sociedade en paz e libre de violencia, pero, como é o caso doutras conmemoracións, temos no calendario o día 30 de xaneiro como ese día en que todos o recordamos dun xeito especial.
Este ano, imos realizar no cole unha carreira solidaria na que se colaborará con 2 organizacións solidarias da contorna e recolleremos cacao e pó a cambio dos dorsais para a carreira.
Ademáis interpretaremos todos xuntos a canción "Ahora más que nunca" de Alejandro Abad.
Aquí vos deixo o video da canción.



E recordade que para facer a paz non chega cun día. Depende de todos nós. Pon o teu gran.




MÁIS FOTOS NAS PEGADAS DE ARNALDO