O 13 de febreiro, con motivo do día da radio, os nosos compañeiros Silvia e Xoel realizaron unha entrevista na Voz de Arnaldo a tres representantes das asociacións Cáritas de Santomé e Amenac de Marín. Estas dúas asociacións foron as beneficiarias do cacao que se recolleo na I Carreira solidaria que organizou o noso centro.
Pincha na imaxe e poderás acceder a páxina do blog da biblio para escoitar a entrevista.
Por fin despois duns días de chuvia que non nos permitiron realizar a carreira, o martes 5 de febreiro tivo lugar a I Carreira Solidaria do CEIP Seixo.
Todo o alumnado do cole participou, así coma as mestras , mestres, pais e nais que quixeron acompañarnos. Foi unha experiencia moi bonita e algo "cansada" pero cunha boa recompensa. Esperamos que sexa aínda mellor o próximo ano.
Tedes aquí unha serie de videos e enlaces co blog "As pegadas de Arnaldo" para que recordedes este día. Pincha nas imaxes.