
Esta semana tivemos unha nova visita. Nesta ocasión veu Eva Ferreirós, que traballa como repartidora nunha panadería da zona e nos estivo contando con detalle como se realiza cada un dos traballos dentro da panadería.



Trouxo unhas imaxes dos fornos con toda a variedade de pan que elaboran e unha mostra de masa preparada para o forno.
Moi cedo os panadeiros amasan o pan e o deixan levedar ben tapadiño, porque se colle frío a masa non subirá.
Pasado o tempo... Ao forno! Coidado que queima.
Cando está listo, sácase do do forno

Fanse mooitos tipos de pan, con diferentes fariñas e formas
Despois da charla tamén lle fixeron na radio unha pequena entrevista Anxo e Marcela. Podes escoitala no enlace de abaixo.
Tamén podedes visitar a entrada no blogue AS PEGADAS DE ARNALDO
No hay comentarios:
Publicar un comentario