viernes, 22 de febrero de 2019

VISITA DE VICTOR, SOLDADOR CALDERERO

Estas semanas imos a recibir na clase de 6º a unha serie de familiares e amigos que nos van a contar a súa experiencia laboral e académica. Desta maneira poderemos ter outro punto de vista sobre diferentes ámbitos dalgúns traballos; e coñecer outros novos.

O primeiro en visitarnos foi Víctor Rivas, soldador e calderero. Despois de falar con nós na aula, visitou a nosa radio: "A voz de Arnaldo". Alí Joel e Leire fixéronlle unha entrevista que poderás escoitar se pinchas na imaxe.

Moitas gracias pola túa visita, Víctor.







Tamén podes visitar a entrada no BLOGUE DA BIBLIOTECA.

PLAN DIRECTOR



Dentro das actividades previstas no PLAN DIRECTOR no que participa o noso centro, o pasado martes 19 de febreiro recibimos na aula de sexto a un representante da policia nacional de Marín.


Nesta ocasión falounos do acoso e do ciberacoso. De non ser participes en actos que sirvan para ridiculizar a outros, de denunciar se somos acosados e sobre todo da importancia de NON ser ESPECTADORES PASIVOS. Tendo en conta que un  incidente aislado non é acoso, é moi importante non ser u  testigo silencioso. Debemos denuncialo aos profes, aos nosos pais ou directamente a policía, senón seremos partícipes e estaremos participando no delito.


Pasa o mesmo nas redes sociais: Facebook, wasap, tuenti,... debemos ter moito coidado coas mensaxes que reenviamos. NON REENVÍES nin compartas mensaxes nos que se ofende a outra persoa ou persoas.




miércoles, 20 de febrero de 2019

NORABOA JOEL

O noso compañeiro trouxo de Valencia, do Campionato de España de Grappling a medalla de bronce na súa categoría. Moi bo traballo, e esperamos que sigas traballando así.

La imagen puede contener: 3 personas, personas sonriendo, personas de pie


















Aquí están os participantes no campionato pertencentes  ao clube de loita do Morrazo; do que forma parte Joel.

La imagen puede contener: 8 personas, personas sonriendo, interior

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

O mércores visitaron o noso centro o equipo de "Ponlle as pilas ao teu bocata" que xa nos visitaran o curso pasado.

Estiveron contándonos todas as propiedades que tiñan os alimentos do mar que temos en conserva. Hai que dicir que sabiamos xa moito do tema. Tamén nos ensinaron con realidade aumentada como un atún, un mexilón e unha sepia nos contaban todos os beneficios que nos aportan.

Dous compañeiros tamén viaxaron nun barco e no fondo mariño grazas a unhas gafas de realidade virtual. E por último puidemos degustar uns deliciosos bocatas elaborados con conservas e que puideron completar a gusto con leituga, tomate,... Un fun moi saboroso

lunes, 18 de febrero de 2019

CADROS CON TAPÓNS

Aproveitando os tapóns de plásticos como material de refugallo, os diferentes equipos diseñaron e crearon diferentes cadros. Aquí tedes o resultado.


domingo, 17 de febrero de 2019

SEMANA DA PRENSA

Do 11 ao 15 de marzo celebramos no cole a semana da prensa. Para celebralo estivemos recolectando na prensa NOTICIAS BOAS, e démonos conta de que non hai tantas como das malas.

Con esa recopilación de noticias fíxose un mural e graváronse na nosa radio: A voz de Arnaldo. Os reprsentastes de 6º nesta ocasión foron Rubén e Xoel.

Aquí tedes o enlace do blog AS PEGADAS DE ARNALDO para que podades ver e escoitar a noticia completa.

FRACCIONES, 1ª PARTE

Aquí teneis una serie de ejercicios para trabajar y repasar con las fracciones. Ánimo, es muy fácil.

¿Qué fracción representa?                       Une cada dibujo con su fracción

Línea a fracción                 Iguala la fracción                        Acierta la fracción

Fracciones equivalentes              Escribe la fracción que representa

Fracción de un número               Las fracciones con Anaya 

sábado, 16 de febrero de 2019

DECLARACIÓN DOS DEREITOS DA INFANCIA

Tamén no día da radio realizouse un programa na Voz de Arnaldo adicado os dereitos da infancia. Nesta ocasión participou na gravación a nosa compañeira Alicia.

Pincha na imaxe para acceder a "As pegadas de Arnaldo"

http://aspegadasdearnaldo.blogspot.com/2019/02/declaracion-dos-dereitos-da-infancia.html

O COLE DE SEIXO MOLA MOGOLLÓN....

Para promocionar as boas cousas do noso cole e animar ao novo alumnado a que se acerque a coñecernos, dende as diferentes aulas os rapaces e rapazas elexiron as cousas que máis lles gustaba do seu cole para contalas na radio. O noso compañeiro Anxo foi o noso portavoz.

Pincha na imaxe para ir ao enlace de "As pegadas de Arnaldo"

http://aspegadasdearnaldo.blogspot.com/2019/02/o-cole-de-seixo-mola-mogollon.html

CAMPIONATO NACIONAL DE GRAPPLING

Hoxe mandámoslle ao noso compañeiro Joel moita enerxía xa que compite este fin de semana en Valencia, no campionato nacional de Grappling.

Como non é un deporte ao que estemos acostrumbados imos explicalo un pouco:

O termo Grappling procede da palabra inglesa GRIP e refierese a unha modalidad de loita que busca ter baixo control ao oponente sen efectuar ningún golpe, para despois gañar o combate.

Pois dende o CEIP de Seixo enviámoste moita sorte. Ánimo Compañeiro.

viernes, 15 de febrero de 2019

ENTREVISTA A CÁRITAS SANTOMÉ E AMENAC MARÍN

O 13 de febreiro, con motivo do día da radio, os nosos compañeiros Silvia e Xoel realizaron unha entrevista na Voz de Arnaldo a tres representantes das asociacións Cáritas de Santomé e Amenac de Marín. Estas dúas asociacións foron as beneficiarias do cacao que se recolleo na I Carreira solidaria que organizou o noso centro.

Pincha na imaxe e poderás acceder a páxina do blog da biblio para escoitar a entrevista.

http://aspegadasdearnaldo.blogspot.com/2019/02/entrevista-caritas-san-tome-e-amenac_15.html

lunes, 11 de febrero de 2019

RELATOS DE MEDO

Polo Samaín participamos no III concurso de relatos curtos de medo, e os gravamos na nosa radio.

Aquí tedes o enlace ao blog da biblio con todas as gravacións.

Resultado de imaxes para a voz de arnaldo

A ENERXÍA

Xa temos aquí unha nova ficha do caderno verde de Sogama. Proba os teus coñecementos e aprende algo máis.

Resultado de imaxes para a enerxía caderno verde sogama

miércoles, 6 de febrero de 2019

CARREIRA SOLIDARIA

Por fin despois duns días de chuvia que non nos permitiron realizar a carreira, o martes 5 de febreiro tivo lugar a I Carreira Solidaria do CEIP Seixo.
Todo o alumnado do cole participou, así coma as mestras , mestres, pais e nais que quixeron acompañarnos. Foi unha experiencia moi bonita e algo "cansada" pero cunha boa recompensa. Esperamos que sexa aínda mellor o próximo ano.




Tedes aquí unha serie de videos e enlaces co blog "As pegadas de Arnaldo" para que recordedes este día. Pincha nas imaxes.


I CARREIRA SOLIDARIA "CORRE CON ARNALDO"




 http://aspegadasdearnaldo.blogspot.com/2019/02/i-carreira-solidaria-corre-con-arnaldo.html


















A PRENSA DA COMARCA REFLEXA A NOSA CELEBRACIÓN


http://aspegadasdearnaldo.blogspot.com/2019/02/a-prensa-da-comarca-reflexa-nosa.html 

O VIDEO COMPLETO DA CARREIRA

MÁIS FOTOS NAS PEGADAS DE ARNALDO