O 30 de novembro o alumnado de 5º e 6º fixemos unha saída a Pontevedra para gozar da exposición "Dalí vs Goya", na que puidemos observar multitude de grabados do pintor Francisco de Goya.
Goya dominaba o grabado en todas as técnicas da época, e nós puidemos experimentar tamén como facer un no taller previo á visitar a exposición.
REALIZANDO GRABADOS on PhotoPeach
Despois do taller pasamos ás salas da exposición. Alí puidemos apreciar numerosos cadros de Dalí que consistían en darlle color os grabados de Goya, e nalgúns casos facerlle algunha modificación, baseándose nos elementos máis utilizados por Goya.
Aquí volvimos a distribuirnos por euipos para investigar sobre diferentes aspectos da exposición. Cada equipo recibiu unha caixa con preguntas e actividades a resolver, que ao final tiveron que poñer en común co resto dos compañeiros.
Exposición DALÍ vs GOYA on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario