viernes, 15 de marzo de 2019

VISITA DE ROCÍO, TRABALLADORA DO FOGAR, FILÓLOGA E TRADUTORA.



Esta semana tivemos unha nova charla, nesta ocasión Rocío Rosales, a nai do noso compañeiro Lucas.



Contounos que actualmente está de traballadora do seu fogar, o que xa sabemos que leva moito traballo, e non ten salario nin vacacións.É un traballo no que todos e todas debemos colaborar.




Rocío realizou estudos de filoloxía e posteriormente de traducción e interpretación porque as saídas laborais lle atraían máis.


O finalizar a charla os nosos compañeiros Lucas e Aida realizáronlle unha entrevista na nosa radio: A voz de Arnaldo.



martes, 12 de marzo de 2019

VISITA DE UXÍA, ENXEÑEIRA AGRÍCOLA

O martes volvemos ter outra visita. Nesta ocasión Uxía Garcés, a nai da nosa compañeira Lúa, que veu falarnos da carreira de enxeñería agrícola.










Tiña moi claro que quería facer algo relacionado co medio ambiente, e sempre de xeito respetuoso co entorno.









https://drive.google.com/file/d/1W9lnL03GlCiy_qxQeYk0xS2tz2aRhqjq/view?usp=sharing
Ao final da charla Lúa e Zoilo fixéronlle unha pequena entrevista na voz de Arnaldo, que podedes escoitar se pinchades na imaxe.

VISITA DE MARIO, ESTUDANTE DE MEDICINA

Esta semana tivemos na aula máis charlas relativas as profesións.

O luns visitounos Mario Porto, o irmá do noso compañeiro Dani. Mario está estudiando primer curso de Medicina, e aproveitando que ten clase pola tarde agradecémoslle que fixera o esforzo de visitarnos cedo para coller despois o tren a Santiago.

Contounos como foi a súa experiencia nos cursos que nos faltan para decidir se queremos facer unha carreira, un ciclo,... Despois falounos da carreira de Medicina: ata fixemos unha viaxe virtual pola facultade!!

Tamén trouxo algunhas mostras para ver no microscopio, un atlas sobre anatomía e moitos osos de esqueleto humano para que os manipulásemos.



Por último, os nosos compañeiros Dani e Isa entrevistárono na Voz de Arnaldo. Se queres escoitar a entrevista pincha na imaxe.

https://drive.google.com/file/d/1oDjMorcPKSZt_7Sj0cf-PyHjWlg8LzAs/view?usp=sharing

sábado, 2 de marzo de 2019

Día de Rosalía



Para conmemorar o día de Rosalía, como tódolos anos, saímos as cercanías do colexio para acercar aos veciños a figura da nosa escritora.
Este ano elaboramos un cartel no que sobre a cara de Rosalía se escribiron algúns dos seus poemas máis emblemáticos.
Ao alumnado de 6º tocounos repartir no centro de saúde e na escola infantil, e recibíronnos con moito calor nos dous lugares. Graciñas a todos.





Aquí tendes o enlace da saída de todo o cole no BLOGUE DA BIBLIOTECA

E da elaboración do cartel neste outro enlace do BLOGUE DA BIBLIOTECA

VISITA DE EVA, PANADEIRA


Esta semana tivemos unha nova visita. Nesta ocasión veu Eva Ferreirós, que traballa como repartidora nunha panadería da zona e nos estivo contando con detalle como se realiza cada un dos traballos dentro da panadería.








Trouxo unhas imaxes dos fornos con toda a variedade de pan que elaboran e unha mostra de masa preparada para o forno.













Moi cedo os panadeiros amasan o pan e o deixan levedar ben tapadiño, porque se colle frío a masa non subirá.









Pasado o tempo... Ao forno! Coidado que queima.




Cando está listo, sácase do do forno











 Fanse mooitos tipos de pan, con diferentes fariñas e formas






Despois da charla tamén lle fixeron na radio unha pequena entrevista Anxo e Marcela. Podes escoitala no enlace de abaixo.





Tamén podedes visitar a entrada no blogue AS PEGADAS DE ARNALDO

MÁIS FOTOS NAS PEGADAS DE ARNALDO