Mostrando entradas con la etiqueta medicina. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta medicina. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de marzo de 2019

VISITA DE MARIO, ESTUDANTE DE MEDICINA

Esta semana tivemos na aula máis charlas relativas as profesións.

O luns visitounos Mario Porto, o irmá do noso compañeiro Dani. Mario está estudiando primer curso de Medicina, e aproveitando que ten clase pola tarde agradecémoslle que fixera o esforzo de visitarnos cedo para coller despois o tren a Santiago.

Contounos como foi a súa experiencia nos cursos que nos faltan para decidir se queremos facer unha carreira, un ciclo,... Despois falounos da carreira de Medicina: ata fixemos unha viaxe virtual pola facultade!!

Tamén trouxo algunhas mostras para ver no microscopio, un atlas sobre anatomía e moitos osos de esqueleto humano para que os manipulásemos.



Por último, os nosos compañeiros Dani e Isa entrevistárono na Voz de Arnaldo. Se queres escoitar a entrevista pincha na imaxe.

https://drive.google.com/file/d/1oDjMorcPKSZt_7Sj0cf-PyHjWlg8LzAs/view?usp=sharing

MÁIS FOTOS NAS PEGADAS DE ARNALDO