miércoles, 10 de julio de 2019

MÁIS FOTOS NAS PEGADAS DE ARNALDO

Recorda que para ver máis do último día podes visitar estes enlaces do blog AS PEGADAS DE ARNALDO:

   ENCANTOUNOS VERVOS MEDRAR

  DESPEDIDAS QUE DEIXAN PEGADA

e   CAMPIONATO DE BRILÉ PARA REMATAR O CURSO

A NOSA DESPEDIDA

Despois de pasar 9 anos (a maioría de vós) na familia do CEIP de SEIXO, tócavos deixalo.
Como despedida o alumnado de sexto realizou unha representación TEATRAL (escrita por eles) dun hipotético fututro dentro de 20 anos. Con algunhas doses de humor, e un baile, este foi o resultado.

Para ver a función pincha na foto.
https://drive.google.com/file/d/1ws4SsbPEDQaHxTJr2VEd3FLchQv3W6Jn/view?usp=sharing

Tamén elaboraron un pequeno discurso de despedida para non olvidarse de ninguén.


 Por suposto tiveron a súa entrega de diplomas.




  E rematamos o día cun campeonato de brilé no que xogaron contra os profes e algúns "vellos" compañeiros e compañeiras que se acercaron a saudar.

martes, 9 de julio de 2019

REPRESENTANDO POEMAS

No primeiro trimestre, o alumnado de sexto estivo lendo e seleccionando nos libros de poemas algún poema para poder adaptar e representar.


Este foi o resultado final, coas adaptacións e vestuario que elexiron. (A calidade da imaxe foi culpa miña por non revisar antes o obxetivo). Pincha na imaxe para ver o VIDEO.

https://drive.google.com/file/d/1qHzA0SX3XpZF5xElh5o8hvbRL7Cojm9w/view?usp=sharing

 
Aquí tendes a selección que fixeron previamente para realizar as representacións:

https://drive.google.com/file/d/1qHzA0SX3XpZF5xElh5o8hvbRL7Cojm9w/view?usp=sharing

 



miércoles, 5 de junio de 2019

MÁIS FOTOS NAS PEGADAS DE ARNALDO